Golding, William (1911-1993)

Señor das moscas / William Golding - 2ª ed. - Santiago de Compostela : Sotelo Blanco , 1996 - 237 p. ; 21 cm. - Medusa - Narrativa .

Na súa 1ª novela, William Golding tenta ir seguindo os defectos da sociedade ata chegar ós defectos da natureza humana. O elemento simbólico por excelencia da novela -o "Señor das moscas"- é, coma calquera outro símbolo verdadeiro, moito máis cá suma dos seus compoñentes, aínda que estes sexan explicables.

A novela conta a historia dun fato de rapaces que, logo de sobreviviren a un accidente aéreo, teñen que organiza-la súa vida nunha illa deserta sen a presencia dos adultos. O Señor das moscas vén ser unha parábola ou unha fábula que, coma tódalas grandes parábolas, lle revela ó lector unha conexión íntima e desacougante entre o aspecto inocente, de literatura de entretemento, que ten a súa superficie, e os fondos abismos do seu interior.

3º-4º ESO

847824185X


Clásicos da literatura universal--Literatura inglesa
Accidentes aéreos--Supervivencia
Vivir sen adultos--Distopía
Illas desertas

821.111-31"19"

Coa tecnoloxía Koha