Sherlock Holmes. O Signo dos Catro / Sir Arthur Conan Doyle
por Doyle, Arthur Conan Sir (1859-1930)Sir [autor/a]
; Bellucci, Arianna (1991-) [ilustrador/a]
; Zaera, Maruxa [tradutor/a]
.
Tipo: ![materialTypeLabel](/opac-tmpl/lib/famfamfam/BK.png)
![](/opac-tmpl/bootstrap/images/filefind.png)
![](/opac-tmpl/bootstrap/images/filefind.png)
![](/opac-tmpl/bootstrap/images/filefind.png)
Este rexistro ten moitos ítems físicos (100). Faga clic aquí para velos todos.
"O Signo dos Catro" é o terceiro título de Sherlock Holmes para pequenos detectives, unha colección amena e divertida cos mellores casos do detective máis famoso de todos os tempos. Grazas á súa narrativa áxil e ás rechamantes ilustracións axudará a consolidar o amor pola lectura dos máis novos. Ademais, as didácticas aclaracións sobre termos e obxectos propios da Inglaterra da época achegaraos á literatura clásica de detectives.
A través das crónicas do Dr. Watson compartiremos as súas aventuras cheas de misterio, roubos e asasinatos.
Guía didáctica dispoñible en: https://www.editorialbululu.com/web/wp-content/uploads/2022/08/FichaDidactica_SherlockHolmes_O-SIGNO-DOS-CATRO.pdf
“Agarde HOXE ÁS SETE DA TARDE no exterior do teatro Lyceum, na terceira pilastra comezando pola esquerda. Se é desconfiada, veña acompañada de dous amigos. Foi vostede aldraxada e váiselle facer XUSTIZA. Non chame á policía. Se o fai, todo será en van.”
Cando lle piden a Holmes que investigue unha críptica mensaxe recibida por Mary Morstan, nin el nin Watson agardan verse arrastrados a unha espiral de traizóns que xa vén de vello. Axiña estarán levando a cabo perigosas expedicións baixo o luar para descubriren o significado do signo dos catro, e resolver así un misterio soterrado durante anos.
3º-4º Primaria