As pedras verdes / Rafael Fernández Lorenzo ; ilustracións de Tamara Baz
por Fernández Lorenzo, Rafael (1962- ) [autor/a]
; Baz, Tamara (1985-) [ilustrador/a]
.
Tipo: 




Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES de Meaño Sala préstamo | 82-N FER ped | Prestado | 19/03/2025 | PED043000007845 |
|
XVII Premio Raíña Lupa
Nunha aldea á beira do río Uaupés, na selva amazónica, vive un mozo chamado Caique. Dende hai algún tempo anda na procura da súa nai. O pai elude calquera conversa relacionada co asunto, porén, todas as pescudas do rapaz apuntan a que a nai vive no Reino das Icamiabas, unha tribo composta integramente por mulleres guerreiras que non aceptan a presenza masculina nas súas terras. Comeza así unha viaxe repleta de emocións e aventuras, onde a maxia, o folclore e a realidade se mesturan con marabillosas paisaxes e algún romance secreto. Todo baixo a atenta mirada do exuberante Amazonas, que flúe libremente esparexendo a vida alá por onde pasa. En palabras do xurado que outorgou o XVII Premio Raíña Lupa, esta é «unha novela que conta tamén a conquista de América desde un punto de vista pouco habitual, na cal a violencia, a vulnerabilidade e o medo son tamén temas centrais».
5º-6º Primaria
1º-2º ESO