Erin e o lobo / Érica Esmorís
por Esmorís, Érica
.
Tipo: 




Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES de Meaño Sala préstamo | 82-N ESM eri | Dispoñible | PED043000008102 |
|
XL Premio Merlín de Literatura Infantil 2025
Erin vive no máis fondo do bosque, nunha cabana construída polos seus pais para afastarse da civilización. Nunca viu unha cidade nin un colexio nin outro neno. Un día, o pai regálalle un libro vello e, ao lelo en voz alta, esperta un feitizo: a súa voz de cóxegas sacode o bosque enteiro. Erin faise bosque e o bosque faise nena. As súas palabras chegan a todas as criaturas (o raposo, o reiseñor, o olmo, a flor silvestre) e tamén a Noite, o lobo de pelame azul e corazón escuro condenado a vivir nunha cova pola súa manda. Erin é luz. Noite é escuridade. Salvar unha nena. Redimir un monstro. Lembrar onde latexa, de verdade, o fogar. Ás veces, todo iso comeza cun «Había unha vez». O XL Premio Merlín é unha emocionante historia sobre a forza das palabras, a beleza dos vínculos invisibles e o desexo profundo de atopar un lugar no mundo.
1º-2º ESO